Mancomún

Debian Squeeze 6.0 sairá no verán o que pode modificar a data da LTS de Ubuntu

Luns, 11 Xaneiro 2010

Steve McIntyre, líder do proxecto Debian, quere que o lanzamento da versión 6.0 “Squeeze” de Debian se realice antes da próxima conferencia anual DebConf 10, que vai ter lugar en New York do 1 ao 7 de agosto de 2010, segundo se desprende das súas palabras nunha entrevista concedida a ITWire: “Sería estupendo ter todo rematado antes de que vaiamos para a DebConf de New York, de maneira que quedemos descargados do traballo de publicación de Debian Squeeze mentres discutimos dos plans de futuro.”

Lembremos que foi apenas a mediados do ano pasado, cando os desenvolvedores de Debian decidiron mudar a súa política de publicación de versións de “publicar cando estea listo” por unha política de publicacións segundo un ciclo de liberacións prefixado, polo que esta será a primeira versión de Debian que siga esta nova política. Aínda que nun primeiro momento se falaba de conxelar Debian en decembro para saír na primavera, pospuxéronse estas datas para conxelar en Marzo e publicar en Xullo.
Aínda que en principio non hai ningún comunicado ao respecto dende Ubuntu, onde todo parece seguir o previsto, o certo é que isto podería afectar directamente á publicación da versión LTS de Ubuntu, en principio prevista para a versión 10.04. É ben coñecido o desexo de Mark Shuttleworth de sincronizar a versión LTS de Ubuntu coas versións estables de Debian. Hai algún tempo, nunha entrevista, mencionaba a posibilidade de que a seguinte versión LTS puidera ser tanto a 9.04 como a 9.10 en función das conversas que están a manter con Debian.

Polo que haberá que permancer atentos á data final de conxelación de Debian e logo a como isto afecta finalmente á sincronía con Ubuntu.

Fonte: http://elsoftwarelibre.wordpress.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal