Mancomún

Debian Squeeze terá unha variante con núcleo de FreeBSD

Venres, 9 Outubro 2009

Debian-BSDO equipo de desenvolvemento de Debian acaba de informar de que a vindeira versión de Debian, Squeeze, terá unha variante que contará co núcleo de FreeBSD, no canto do tradicional Linux. Esta variante chamarase Debian GNU/kFreeBSD e estará dispoñíbel para as arquitecturas i386 e AMD64/Intel EM64T.

Segundo o equipo de desenvolvemento de Debian, o principal motivo polo que inclúen o núcleo de FreeBSD no seu proceso de lanzamento oficial, é a oportunidade de ofrecer ao usuarios de Debian unha elección máis ampla do núcleo a empregar. Tamén engadir un núcleo que forneza de características como a FreeBSD jail, a cal é unha implementación de virtualización a nivel de sistema operativo, que permite aos administradores dividir un sistema de computador baseado en FreeBSD en varios minisistemas independentes, chamados gaiolas.
Outras características a ter en conta son o filtro de paquetes OpenBSD, a compatibilidade total con controladores NDIS no núcleo principal e a compatibilidade con sistema de ficheiros ZFS.

Esta nova versión de Debian ten previsto ser liberada para a primavera do 2010.

Fonte: alcancelibre.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal