Mancomún

Dell actualizase con Ubuntu 9.04

Mércores, 14 Outubro 2009

DELLA multinacional estadounidense DELL é unha das primeiras empresas en distribuír equipos con GNU/Linux. Dell que fabrica, desenvolve e vende computadores persoais, anunciou recentemente que os seus equipos se van a actualizar á Ubuntu 9.04, engadíndolle algúns cambios para personalizala para os seus clientes.

Dell segue co seu compromiso de entregar equipos con un sistema GNU/Linux instalado de fábrica. Nesta ocasión a distribución escollida é Ubuntu 9.04, a última versión estábel de Ubuntu. Para esta distribución Dell desenvolveu melloras de acordo coas necesidades dos seus clientes.

As melloras máis sobranceiras son:

  • Unha nova ferramenta gráfica que permite aos usuarios crear un DVD ou USB para restaurar o sistema ao seu estado orixinal.

  • Unha ferramenta como a anterior pero para restaurar o equipo tal e como ven de fábrica.

  • Conta con GRUB 2, que será o empregado na próxima versión de Ubuntu a 9.10 .

  • Engade nativamente controladores para todas as tarxetas de rede sen fíos de DELL e Intel. Estes controladores tamén poderán ser aproveitados por outras distribucións.

Fonte: espaciolinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal