Mancomún

Descontos adicionais no Máster en software libre para os participantes no Premio ao mellor PFC con SwL

Mércores, 16 Xuño 2010

Dende a web do Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, informan que este ano ofrecerán un desconto adicional do 10% nas taxas de inscrición do Máster en Software Libre a todos os participantes que cumpran os requisitos para ser avaliados para o Premio. Deste xeito pretenden apoiar á xente que comeza a ter a súas primeiras experiencias co movemento FLOSS e que queira seguir aumentando o seu coñecemento sobre as tecnoloxías abertas a través dos estudos do máster.

Segundo os organizadores trátase dun paso lóxico, xa que o espírito do Premio é fomentar o uso do software libre e a participación no mesmo amosa un forte compromiso cos fundamentos do movemento, baseados no libre intercambio de coñecemento e o traballo colaborativo. Por outra parte o Máster en Software Libre proporciona a formación completa para posicionarse no ámbito profesional.
Co apoio do Máster de Software Libre ao Premio tentase incentivar aos estudantes a descubrir un novo concepto de hacker, máis orientado ao coñecemento profundo das tecnoloxías e a capacidade de liderar proxectos e comunidades, e o máis importante, achegar aos futuros profesionais aos principios do software libre sendo estudantes, cando aínda teñen unha mente aberta, libre da influencia das grandes factorías de software.

Para máis detalles, consultar á sección Xurado e Criterios de avaliación do premio, ou directamente na páxina de información sobre os prezos na web do Máster.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal