Mancomún

DeskHedron: Escritorio 3D virtual para Windows

Martes, 15 Decembro 2009
DeskHedron é un sinxelo aplicativo para computadores con Windows que imita o comportamento dos espazos de traballo e a xestión dos mesmos que fai Compiz/Beryl en GNU/Linux. Desta maneira podemos ter en Windows distintos escritorios (até 9 escritorios) e a posibilidade de movernos por eles a través dun atractivo cubo en 3D.

O aplicativo é un sinxelo executábel que ao arrincar permite seleccionar a cantidade de escritorios que se configurarán (de xeito predefinido trae configurados 2). Unha vez executado podes acceder de novo ao mesmo para axustar a configuración premendo na icona residente ao lado do reloxo do computador.

Para navegar entre os distintos escritorios pódese premer Ctrl+Maiús+Z que abrirá a vista en 3D do cubo e poderás cambiar entre os distintos escritorios usando a roda do rato ou coas frechas de dirección do teclado. Unha das súas limitacións é que non é compatíbel con múltiples monitores…
Máis información en:
http://tokyodownstairs.blogspot.com/2008/10/deskhedron.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal