Mancomún

Día de demostración de aplicativos libres de Mozilla Hispano en Madrid

Luns, 8 Marzo 2010

Use estándares abertosA comunidade Mozilla Hispano celebrará durante a tarde do vindeiro sábado día 13 de marzo, nas instalacións de Media Lab Prado, en Madrid, un DemoDay de aplicativos libres. Contará coa colaboración de Iniciativa Focus eo grupo de investigación GSyC/Libresoft. A entrada é gratuíta e libre só restrinxida polo aforo do local, polo que é preciso realizar unha inscrición previa.

Segundo comentan os organizadores, este evento servirá para que as persoas que non estean familiarizadas cos aplicativos libres poidan ver en directo como funcionan e convencerse da súa utilidade e para aqueles que xa coñecen os aplicativos que poidan aprender a tirar maior proveito dos mesmos. Os aplicativos que se empregarán son, entre outros, Firefox, Thunderbird, OpenOffice.org, Gnome e Ubuntu.
Rexistro na WhyFLOSS 2010Iniciativa Focus, tamén estará na WhyFLOSS que terá lugar o 18 de marzo en Madrid. Andrea Lapique e Isabel Romero de Iniciativa Focus Madrid, falarán da súa experiencia no excelente proxecto "Software Libre para un Sáhara Libre" así como da "Viaxe aos campamentos de refuxiados" e a segunda fase "Aulas nos Ministerios Saharaüis". Ramón Ramón, fundador e portavoz de Iniciativa Focus falará sobre migración na administración pública, máis concretamente de "A mancomunidade da Axarquía segue no camiño da e-administración"

Fonte: Mozilla Hispano

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal