Mancomún

Día internacional das rapazas nas TIC

Xoves, 25 Abril 2013
  • Hoxe é o Día Internacional das Rapazas nas TIC (Girls in ICT)
  • O CESGA acolle un acto para conmemorar este día, no marco do proxecto europeo que coordina ICT-go-Girls
  • GNOME ofrece un programa de bolsas de colaboración en proxectos de software libre dirixido a mulleres: Outreach Program for Women internships

Banner do día internacional das rapazas nas TICHoxe 25 de abril é o Día Internacional das "Rapazas nas TIC" (Girls in ICT), promovido e coordinado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro, para crear unha contorna global que promova e apoie ás rapazas para que consideren carreiras no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Tics). Este ano este evento é coordinado pola Comisión Europea, Parlamento europeo e a ITU.

A Comisión Europea resalta que na actualidade só o 30% do sector TIC está formado por mulleres, e sofren de infrarrepresentación en todos os niveis neste sector, sobre todo nos máis decisivos, a pesar do rápido crecemento que experimenta o sector a nivel europeo, con preto de 120.000 novas ofertas laborais anuais.

Neste contexto, é necesario que as mulleres sexan parte activa na creación, non só no consumo, das tecnoloxías que marcan as nosas vidas. E a solución para que isto suceda o curto prazo non é sinxela, porque as decisións sobre a orientación académica no ámbito do TIC é algo que vén desde a educación secundaria.

Acto de celebración no CESGA de Día Internacional das Rapazas no TIC

Imaxe do folleto de difusión do proxecto ICT-go-GirlsO Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA para festexar este día celebra un evento no marco do proxecto europeo "ICT-Go-Girls! Promoción do Emprendemento entre as rapazas de Secundaria a través das TIC".

O evento reunirá a varios representantes da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Igualdade, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, AMTEGA, Axencia Galega para a Innovación), ademais do CESGA, coordinador del proyecto, e a USC, socio do mesmo. Tamén participará o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG), colaborador do proxecto.

A parte principal do evento estará formada pola participación de 4 mulleres emprendedoras en ámbito TIC fundadoras e CEOS de empresas galegas, algunhas das cales empregan o Software Libre en maior ou menor medida para desenvolver as súas liñas de negocio, como son o caso de imaxin e contidosdixitais:

Polo menos 100 estudantes de secundaria de dous centros galegos participantes como centro piloto do proxecto (CPI Crúceo (Cerceda, A Coruña), IES Rosalía (Santiago de Compostela) ) e outros 4 centros de secundaria participan no evento de forma virtual, a través de conferencia web, enviando os seus comentarios e preguntas ao resto de participantes.

Mulleres e o Software Libre

Cartel do porgama de bolsas do GNOME Outreach Program for WomenSe as mulleres están infrarepresentadas no sector TIC, os datos apuntan a que aínda o están en maior medida no mundo do Software Libre, polo que hai numerosos grupos e comunidades que están a promover accións para involucrar ás mulleres neste ámbito. Un bo exemplo é o programa “Outreach Program for Women internships” de GNOME.

Trátase dun programa de bolsas para involucrarse en determinados proxectos durante varios meses. Este programa inspírase no máis coñecido Google Summer of Code pero exclusivamente dirixido a candidatas femininas. A oferta de bolsas no se limitan exclusivamente a programación , senón que tamén inclúen tarefas relacionadas co deseño, documentación, desenvolvemento web, marketing, tradución e moitas outras tipos de tarefas necesarias para soster un proxecto libre. Con este programa preténdese que haxa máis mulleres que aprendan a enorme cantidade e variedade de interesantes traballo se poden desenvolver no eido do software libre así como todas as vantaxes de formar parte dunha comunidade de traballo realimente inclusiva.

O vindeiro día 1 de maio remata o prazo para solicitar participar na próxima ronda deste programa, que se vén repetindo cada 6 meses dende finais do ano 2010. O traballo das candidatas admitidas desenvolveríase entre o 17 de xuño e o 23 de setembro e recibirían unha asignación económica de 5.000 USD$.

Aquelas interesadas en coñecer máis información poden consultar na páxina do programa en GNOME

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal