Mancomún

Disney aposta polo software libre

Venres, 21 Outubro 2016

Lonxe queda a polémica suscitada polos supostos ataques desta compañía cara o software libre a través dunha das súas series do Disney Channel.

E é que a compañía vén de crear un programa específico de software libre, no que os desenvolvedores poderán colaborar no deseño e implementación de tecnoloxía que será empregada nas súas películas.

Mediante este programa, Disney quere impulsar aos seus desenvolvedores a contribuír con proxectos de software libre así como a lanzar os seus propios desenvolvementos baixo esta filosofía.

Así, a través do novo portal podemos atopar xa moito do seu software liberado. Software que foi empregado para a realización de moitas películas famosas, como pode ser o caso de Universal Scene Description (USD), que é unha das principais ferramentas empregadas por Pixar, ou OpenEXR que foi empregado e películas como Harry Potter, Men in Black ou Gangs of New York, por exemplo.

Unha proba máis de que o software libre está presente como tecnoloxía ademais punteira en moitos e moi especializados nichos de mercado.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal