Mancomún

DisplayLink libera o seu código fonte para GNU/Linux

Luns, 18 Maio 2009

DisplayLinkDisplayLink anunciou que libera o código fonte do seu software gráfico, o cal permite transmitir vídeo de alta resolución a unha ou varias pantallas, por medio do porto USB. Ata o de agora esta biblioteca só estaba dispoñíbel para Windows e para Mac, polo que a importancia da liberación desta biblioteca reside no abano de posibilidades que se abre para a creación deste tipo de software para Linux,  en especial para a creación de software que permita un amplo universo de produtos que empregan esta tecnoloxía. Unha das características máis destacada deste software é que un usuario pode conectar varias pantallas ao seu computador sen necesidade de contar con dúas tarxetas gráficas ou cunha tarxeta con dobre saída, xa que se poden conectar a través do USB.

DisplayLink libera esta biblioteca baixo a licenza GNU Lesser General Public License v2 (LGPL), e con esta medida busca aumentar a compatibilidade desta tecnoloxía, co obxectivo de aumentar considerabelmente o número de usuarios que a empregan.
A liberación desta biblioteca non é a única medida tomada a prol do software libre por DisplayLink, xa que tamén forma parte do Linux Driver Project, un proxecto que naceu co fin de manter e aumentar o número de drivers en Linux.

Fontes:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal