Makeuseof.com e Guvnr.com fixeron conxuntamente unha guía chamada “Ubuntu Karmic Koala bible”. Trátase dun documento dirixido aos novos usuarios que desexen instalar e probar Ubuntu ou aos usuarios intermedios que queiran sacarlle máis proveito ao seu sistema. Está dispoñíbel en inglés e pódese descargar en formato PDF.
Makesuseof é un coñecido sito web por facer guías de diversos temas. Desta volta, conxuntamente co sitio Guvnr.com, anunciaron un novo documento sobre a nova versión de Ubuntu, a Karmic Koala.
Ubuntu Karmic Koala bible é un documento que só conta con 54 páxinas, contrastando co seu título que puidera dar a sensación de ser un documento moi completo.
Neste documento podemos atopar a forma de como elixir a edición correcta a instalar, o particionamento do disco ríxido, o proceso de instalación e a finalización. Conta cun apartado especial chamado “Partitioner – now that’s a scary word” (Particionador – Agora é una palabra que asusta) onde intentan axudar ao usuario a realizar un particionamento preciso, xa que é un paso que pode ser difícil, sobre todo cando no disco ríxido hai datos importantes que se poden ver comprometidos debido a un erro no proceso.
Despois da instalación vén o uso do sistema, citando algúns puntos importantes a ter en conta como a actualización do sistema, configuración de algúns repositorios, instalación de software, uso da liña de ordes, algúns consellos e trucos para mellorar o rendemento do sistema, entre outros.
Fonte: espaciolinux.com
