Mancomún

Dispoñíbel Miro en galego.

Luns, 24 Agosto 2009

CiberIrmandade da FalaA CiberIrmandade da Fala anunciou recentemente na súa páxina web que Miro, un aplicativo para ver a televisión a través de Internet, xa está dispoñíbel en galego. Tamén sinalan que Miro estará dispoñíbel en galego de maneira oficial en futuras versións.

Mentres non está dispoñíbel de maneira oficial, os pasos a seguir para poder gozar deste aplicativo en galego son:

  • Descargar o ficheiro de idioma galego (preme aquí para descargalo)

  • Descomprimir o arquivo

  • Mover o ficheiro con permisos de administrador a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES para os que teñen Ubuntu, e para as persoas usuarias de Windows, mover a :Program FilesParticipatory Culture FoundationMiroresourceslocaleglLC_MESSAGES

Miro que está na versión 2.5, permite descargar automaticamente vídeos dende canles baseados en RSS, administralos e reproducilos. Ademais esta deseñado para integrarse con outros produtos da Participatory Culture Foundation como Video Bomb, un sitio web de etiquetado social de vídeos, e o Channel Channel, unha guía de televisión para a televisión por Internet.

Fonte: http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=977:miro

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal