Xa se atopa dispoñíbel unha nova versión de Molinux, a distribución GNU/Linux da comunidade autónoma de Castilla La Mancha. Esta nova versión trátase dunha edición especial para netbooks e denominase Molinux Netbook 5.0. “Dorotea”.

A interface da Molinux Netbook é moi sinxela e intuitiva, está optimizada para os computadores portátiles de pequenas dimensións chamados netbooks, polo cal está adaptada aos modelos reducidos e as arquitecturas Intel Atom destes equipos. Grazas a esta nova interface atoparemos facilmente os nosos aplicativos favoritos, poderemos acceder rapidamente a Internet, a ferramentas ofimáticas, aplicativos multimedia entre moitas máis cousas.
As melloras máis salientábeis desta versión son:
-
Está baseada en Ubuntu 9.04
-
Gnome 2.26
-
Servidor X.Org 1.6
-
Núcleo de Linux 2.6.28
-
Compatibilidade co sistema de ficheiros EXT4
-
Mellora na velocidade de inicio
Nesta nova versión tamén se poden atopar novos aplicativos que foron engadidos como é o caso de :
-
Gnome Control Center
-
Gru, ferramenta para recuperar de forma gráfica o xestor de arranque
-
CompizConfig, centro de control para configurar as opcións de compiz-fusion
-
Tucan, un xestor de descargas
-
Sabio Frestón, un xogo de adestramento mental
-
WebContentControl, ferramenta de control parental
-
OpenClipart, biblioteca completamente integrada en OpenOffice, que inclue numerosas imaxes en formato svg e png.
-
Gnote, aplicativo para tomar notas
