Mancomún

Dispoñíbel para descarga a primeira beta en galego do Firefox 3.6

Luns, 2 Novembro 2009

Mozilla acaba de anunciar a primeira beta oficial do futuro Firefox 3.6, a cal trae integrado a compatibilidade cos temas (Personas), un mellor rendemento no inicio e no uso de JavaScript, aviso de complementos desactualizados (para evitar problemas de seguranza) e máis.

Ademais, pódese descargar unha versión en galego da mesma desde as seguintes ligazóns:

Firefox 3.6
Beta 1 en galego

Descarga
para Windows
Descarga
para Mac OS X
Descarga
para Linux

Outras das novas características son:

  • Compatibilidade coas novas características das tecnoloxías CSS, DOM e HTML5.
  • Compatibilidade cos tipos de letra WOFF.
  • Modo a pantalla completa para a compatibilidade co estándar Open Vídeo
  • e máis…

Esta versión é unha beta, polo que se atopa nunha das primeiras fases de desenvolvemento e non se recomenda o seu uso en contornas de produción. Se aínda así, te animas a probalo, poder facer as túas apreciacións, comentarios, ou informes de erro na lista de coordinación oficial do proxecto de tradución ao galego de Firefox en http://galician.mozdev.org

Para un uso diario, recoméndase usar a versión actual de Firefox, o Firefox 3.5.4, actualizado recentemente e tamén dispoñíbel en galego e que corrixe diversos problemas de seguranza sobre a súa versión anterior.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal