Xa está dispoñíbel para descarga a versión RC1 (Release Candidate 1) da futura versión 3.2 do OpenOffice.org en galego. Lembra que esta versión aínda non é definitiva e pode conter erros, polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios non expertos. Recorda facer unha copia de seguranza dos teus ficheiros antes de comezar a instalación.
Na seguinte ligazón atopará unha táboa para poder descargar os distintos ficheiros de instalación por sistema operativo. Para iso busque na táboa, na primeira columna o idioma da descarga, neste caso "Galician | Galego" e despois prema no ficheiro de descarga correspondente ao seu sistema operativo: Windows, deb ou rpm para Linux 32 bits, deb ou rpm para Linux 64 bits, Mac OS Intel, Solaris X86 ou Sparc.
Algunhas das novas características presentes nesta versión son:
- Tempos de inicio menores para Writer e Calc (até un 43%)
- Maior compatibilidade co formato ODF versión 1.2
- Mellor manexo de ficheiros doutros aplicativos
Prema na seguinte ligazón para coñecer máis de cerca todas as novas características da mesma:http://www.openoffice.org/dev_docs/features/3.2/rc1.html A interface do OpenOffice.org atópase traducida nun 100% ao galego e a axuda apróximase a un 90% da mesma traducida. Calquera erro que atopedes na tradución podedes notificalo na rolda de coordinación oficial da tradución ao galego na seguinte páxina http://gl.openoffice.org/servlets/ProjectMailingListList usando para iso a rolda dev@gl.openoffice.org.
