Haiku é un sistema operativo de código aberto (baixo a licenza MIT), actualmente en desenvolvemento, deseñado dende o principio para o escritorio. Inspirado polo sistema operativo Be (BeOS), Haiku intenta ofrecer aos usuarios de todos os niveis unha experiencia co seu computador persoal simple, aínda así potente, e sen complicacións innecesarias.
Xa están dispoñíbeis para a descarga as imaxes da versión candidata Alpha 1 deste sistema operativo, tras oito anos de desenvolvemento dende a orixe do proxecto. Pódense descargar estas imaxes en formato .iso, como imaxes de disco para vmware, ou ben como imaxes de disco en bruto.
Vexamos unha lista de características planeadas para futuras versións deste sistema operativo:
Para a R1 (que será, en esencia, un sistema operativo completamente funcional e estábel, que constitúa un substituto viábel para BeOS R5)
- Compatibilidade con codificación Media Kit
- Xestión de paquetes
Pode que na R1
- Integración cun kit de idiomas e tradución de todos os aplicativos de Haiku
- Xestión de sesións
- Compatibilidade con wifi
Sen data fixada
- Aceleración 3D por hardware
- Capacidades multiusuario
- Compatibilidade con 64 bits
- Mais compatibilidade con POSIX
- moito máis
Nesta páxina pódese consultar a planificación, e pódese ver que hai moitas máis características planeadas, o que converte a Haiku nun sistema realmente prometedor para computadores de escritorio.
Fonte: nova en barrapunto.com
