Atópase xa dispoñíbel unha nova actualización de RedNotebook. Desta volta trátase da versión 0.8.2. Este aplicativo permítenos levar un diario persoal virtual no noso computador, dende o cal podemos acceder ás nosas notas diarias a través dun calendario. Pódense personalizar as categorías das notas que gardamos, buscar anotacións ou seleccionar textos por palabras clave dende unha nube de texto. Ademais permite realizar copias de seguridade do noso diario para, deste xeito, facilitar a migración dos nosos datos se fose preciso.
As características máis sobranceiras de RedNotebook son:
-
Posibilidade de darlle formato ao texto
-
Etiquetado
-
Posibilidade de inserción de imaxes e ligazóns a páxinas web
-
Opción para a busca
-
Gardado automático
-
Compatibilidade de modelos
-
Copias de seguridade e a posibilidade de exportación a varios formatos
Os responsábeis de RedNotebook tamén facilitaron unha lista con todos os cambios realizados nesta nova versión, aos cales podemos acceder a través desta ligazón.
Fonte: http://www.ubuntips.com.ar/2009/07/29/rednotebook-0-8-2/
