Mancomún

Dispoñible a compra do Fairphone 3 con /e/OS instalado

Martes, 12 Maio 2020

O Fairphone 3 combina un teléfono que coida da xente e do planeta, xunto a un sistema operativo e aplicacións que coidan da túa privacidade.

O Fairphone 3 agora pódese adquirir co sistema operativo /e/OS (versión derivada de LineageOS). A diferenza fundamental de /e/OS con LineageOS é que /e/OS non inclúe nin os servizos nin as aplicacións de Google.

Se che interesa coñecer outras alternativas para liberar o teu smartphone, no último podcast de Mancomún falamos de varias solucións.

Máis información sobre o Fairphone 3 con /e/OS nesta web

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal