Logo de 16 meses de traballo dende que saira a última versión 0.9, onte anunciouse a publicación da primeira beta do Lightning 1.0, a extensión do calendario para Mozilla Thunderbird. Nesta ocasión está tamén dispoñible en idioma galego, e pode descargarse dende a páxina de Addons Mozilla.
O equipo de desenvolvemento móstrase orgulloso do resultado acadado, no que se corrixiron máis de 500 erros do aplicativo e se incluíron moitas melloras, entre as que destacan:
- Perfecta integración na interface do novo Thunderbird 3.0.
- Visualización en separadores dos diferentes modos de vista (calendario, tarefas…).
- Integración con Seamonkey 2.0.
- Posibilidade de establecer múltiples alarmas para un único evento.
- Capacidade de traballar con CalDAV e melloras na interoperabilidade con diferentes servidores CalDAV.
- Melloras na estabilidade, rendemento e consumo de memoria do aplicativo.
- Engadidos novos idiomas, entre eles o galego.
Non se trata dunha versión definitiva, é unha versión beta, polo que non se recomenda empregar en entornos de produción.
Para coñecer máis detalles, recoméndase ler as notas de lanzamento, e os erros ou problemas coñecidos. Está dispoñible para descargar para sistemas Windows, Mac OS X e Linux. Distribúese baixo a o triple licenciamento de Mozilla: MPL, GPLv2 e LGPLv2.1.
Tamén se actualizou a extensión que permite a integración de Lightning cos calendarios de Google Calendar.
Lightning 1.0 Beta 1 is available to download for Windows, Mac OS X and Linux. Lightning is released under Mozilla’s disjunctive tri-license that includes the Mozilla Public Licence, and LGPLv2.1.
Fonte: Mozilla
