Mancomún

Dispoñible a versión 1.0 de MonoDevelop

Luns, 24 Marzo 2008
Mono despois dalgúns anos de desenvolvemento, publícase a primeira versión estable do contorno de desenvolvemento do proxecto Mono, que funciona sobre GNU/Linux e [[Mac OS X]]. Permite a creación de aplicacións compatibles coa plataforma [[.NET]] de Microsoft.

MonoDevelop é un contorno extensible, que pode traballar con múltiples linguaxes de programación dispondo de ferramentas específicas para as diferentes plataformas sobre as que traballa. Tamén se pode combinar coas ferramentas de programación de Microsoft e permite a creación de completos paquetes Unix listos para a instalación no sistema operativo de destino (normalmente GNU/Linux).

 

O feito de que inclúa soporte para Visual Basic .NET permite aos programadores deste linguaxe de programación (que son moi numerosos) portar as súas aplicacións a Unix. Éste linguaxe de programación é moi flexible e facilita ademais do desenvolvemento profesional, ou “amateur”, polo que é moi apreciado. Grazas á plataforma Mono e a MonoDevelop, esténdese ademais a GNU/Linux e Mac OS X.

Tamén entre as moitas funcións de MonoDevelop 1.0 atópanse diversas orientadas a xerar e manter a documentación do proxecto, algo sempre pesado e ingrato para o programador.

Máis información: http://www.monodevelop.com/Main_Page
Fonte: Softwarelibre.org.pe

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal