O pasado 27 de decembro anunciouse o lanzamento da versión 2.12 de LilyPond . LilyPond é un compilador que convirte ficheiros de texto en partituras musicais de alta calidade.
Segundo as súas propias palabras :
A inspiración para LilyPond orixinouse cando dous amigos músicos estaban molestos pola falta de calidade e aparencia aburrida da música impresa por ordenador. Non hai músico que non prefira ler música cunha fermosa calidade de impresión, así que, por que non iamos a poder nos, sendo programadores, resolver este problema de impresión?
Esta versión de LilyPond está adicada á memoria de Rune Zedeler, músico, programador e colaborador do proxecto durante os últimos seis anos. Na súa honra, libérase GNU/LilyPond 2.12 “Rune”.
As principais novidades desta versión son:
- Mellora enorme na detección de colisións. Agora, os obxectos fora do pentagrama evitan automaticamente coincidir entre eles, o que fai que se requiran moitos menos cambios manuais para obter un bo resultado.
- Reescribiuse case por completo a documentación do proxecto, e agora ademáis existe documentación (parcialmente) en Francés, Alemán e Español.
- Incluíronse case 30 novas características, e corrixíronse case case 200 bugs. Pode botar un ollo nesta ligazón para ver unha lista detallada.
Recordemos tamén o proxecto OooLilyPond , que permite empregar a notación de Lilypond para inserir partituras dentro dun documento de OpenOffice.org, e do que xa se falara en Mancomún .
