Xa está dispoñible o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME desde o portal. Este DVD foi presentado onte nunha xornada na que participaron empresas do sector TIC para achegar ideas sobre este produto que servirá para difundir ferramentas libres de utilidade para empresas e en galego.
Acéptanse suxestións e achegas para realizar melloras a este DVD a través do noso enderezo electrónico.
O DVD contén na versión actual:
- OpenOffice.org (Programas de ofimática)
- Mozilla Thunderbird (Xestor de correo)
- Mozilla Sunbird (Axenda)
- Mozilla Firefox (Navegador web)
- Pidgin (Mensaxería instantánea)
- Tiny ERP (ERP/Contabilidade)
- OpenBravo (ERP)
- Libre POS (TPV)
- WordPress (Blogue)
- B2Evolution (Multiblogue)
- MoinMoin (Wiki)
- eGroupware (Traballo colaborativo)
- Cyclos (Bancos de tempo)
Enlace: DVD
