Mancomún

Dispoñible o programa definitivo das XII Xornadas Libres na UDC

Luns, 15 Abril 2013

Xornadas Libres - GPUL - 2013

Os vindeiros días 24 e 25 de abril , de 16:00 a 20:00 horas celebraranse na aula de graos da Facultade de Informática de A Coruña as XII Xornadas Libres organizadas por GPUL.

A asistencia a estas xornadas está aberta a calquera persoa con interese en achegarse ao software libre, hardware libre ou cultura libre en xeral.

A asistencia é de balde e todos aqueles interesados deberán inscribirse previamente a través do formulario habilitado aos efectos.

O programa das xornadas é o seguinte:

Mércores 24 de abril

  • 16:00 – Como colaborar cun proxecto de SL , José Millán Soto (GPUL) . Nesta charla comentarase como colaborar cun proxecto de Software Libre, poñendo como exemplo principal a KDE.
  • 17:00 – Pon unha licencia ó teu Software… sobre todo se é Libre, Chema Casanova (GPUL). Falarase sobre a importancia de poñer unha licenza ao Software, tipos de licencias libres, limitacións e compatibilidades, xestión da propiedade intelectual e control de dependencias e contidos complementarios.
  • 18:00 – Google Summer of Code: charla divulgativa, Valentín Barros (FIC) , Santiago Munín (FIC). Dous participantes de edicións previas do GSoC e alumnos da FIC falarán da súa experiencia e darán unha serie de consellos para aqueles que queiran intentalo este ano.

Xoves 25 de abril

  • 16:00 – Python: adestrando serpes, Marcos Chavarría Teijeiro (GPUL) e Santiago Saavedra López (GPUL) . Charla demostrativa sobre Python. Exploraranse desde as características máis básicas a aquelas que fan de Python unha linguaxe que permite centrarse no que é e non no como.
  • 17:00 – Introdución ao control de versións con git , Emilio Padrón (GPUL). Se es dos que non empregan Sistemas de Control de Versións no seu "workflow" (…are you from the past?), ou aínda empregas sistemas "clásicos" coma subversion, esta é a túa charla.
  • 18:00 – Deseñando Hardware Libre con KiCad , Jacobo Aragunde (Igalia) e Samuel Iglesias Gonsálvez (Igalia) . KiCad é a principal ferramenta libre para deseño de circuítos electrónicos. Darase un repaso ás súas principais características e verase o ciclo completo de deseño dun proxecto de hardware.
  • 19:00 – Primeiros pasos con Arduino, Mauro Silvosa-Rivera (GPUL) . Neste obradoiro ensinarase aos asistentes o rápido e sinxelo que é poñerse mans á obra con Arduino, chegando a probar cousas razoablemente interesantes.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal