Mancomún

Dispoñible OpenSolaris 2008.11

Mércores, 3 Decembro 2008
OpensolarisSun Microsystems acaba de liberar a versión final do seu sistema operativo libre derivado do código de Unix System V, que inclúe algunhas das características de calquera distribución GNU/Linux.

OpenSolaris, desenvolvemento dirixido por Ian Murdock, fundador de Debian, libérase baixo licenza aberta Common Development and Distribution License Version 1.0 (CDDL). Segundo esta licenza, o código fonte está dispoñible e pode ser utilizado, copiado e redistribuído coa definición de software libre, aínda que non se plasmou de momento o uso de licenza dobre, que, coma se está a rumorear, afectaría á GPLv3 .

Ao fío disto, Mark Shuttleworth, o creador de Ubuntu, criticou a Sun, argumentando que OpenSolaris é máis un proxecto corporativo controlado por Sun que un sistema verdadeiramente aberto como pretende venderse. Non obstante, OpenSolaris é un intento de mesturar o mellor dos mundos Unix e Linux. Integra o revolucionario sistema de ficheiros ZFS cuxas características o converten nun dos máis avanzados do mercado.

Externamente, parécese a calquera distribución GNU/Linux coa inclusión da contorna de escritorio GNOME 2.24 e todo tipo de aplicacións libres como a suite ofimática OpenOffice.org ou o navegador web Firefox.

Na nova versión solventáronse os fallos do sistema de xestión de paquetes (IPS), similar ao coñecido apt-get das distribucións Debian/Ubuntu. O soporte hardware, verdadeiro cabalo de batalla do sistema e problemas para o usuario, pódese comprobar grazas a unha ferramenta de compatibilidade que se inclúe denominada “Sun Detection Tool”, aínda que se pode probar directamente coa versión LiveCD dispoñible de OpenSolaris 2008.11 .

Fonte: The Inquirer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal