Mancomún

Dispoñible Oracle Linux 8

Martes, 23 Xullo 2019

Oracle anuncia Oracle Linux 8, sistema para servidores x86_64 baseado en Red Hat Enterprise Linux (RHEL).
Oracle Linux é totalmente compatible coas aplicacións de RHEL, pero baixo modelo de descarga e distribución gratuíta, inclúe ademais un kernel Linux modificado para obter maior estabilidade e rendemento.

As novidades de Oracle Linux 8 son as mesmas que as de Red Hat Enterprise Linux 8.0: Application Streams para xestión de aplicacións máis dinámica e sinxela, melloras no sistema de xestión do software coa introdución do xestor de paquetes DNF en Yum, actualización de RPM, melloras en contedores, virtualización e sistemas de arquivos e almacenamento.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal