A tradución ao galego de KeepassX, a aplicación homóloga para Linux deste xestor de contrasinais, atópase dispoñible na Forxa de Mancomún

Atópase dispoñible para a súa descarga unha nova revisión de Keepass, neste caso a versión 1.13.
Keepass é un programa baseado en código aberto que permite almacenar os nosos contrasinais encriptados e ordenalo por categorías e grupos que non precisan instalación. Deste xeito a aplicación pode ser gardada nunha chave USB que nos permita levalo connosco a onde queiramos e de xeito seguro, posto que incluso para abrir o programa é preciso crear unha clave mestra (o cal o programa garda cifrado ou aparte, mesmo noutro dispositivo esterno).
KeepassX
Este xestor de contrasinais funciona no sistema operativo Windows, pero ten o seu homólogo para Linux na aplicación KeepassX. Esta ferramenta, que xurdiu a raíz do desenvolvemento da versión para Windows, atópase na versión 0.3.3, lanzada a comezos do pasado mes de agosto.
A tradución ao galego para a versión 0.3.2 está dispoñible na Forxa de Mancomún grazas ao traballo realizado por Damufo, membro do proxecto Trasno.
KeepassX, a diferencia de Keepass, está tamén dispoñible para os sistemas operativos Mac OS e Windows.
Fonte: SourceForge.net
