Mancomún

Dispoñibles os DVDs do xogo open source Yo Frankie!

Martes, 18 Novembro 2008

Como xa comentamos no seu día, o Instituto Blender desenvolveu un completo xogo en 3D co nome de Yo Frankie! ou proxecto Apricot. Ao igual que os anteriores proxectos do Instituto, as películas Orange e Peach, este xogo e todos os seus ficheiros de produción libéranse baixo licenza Creative Commons.

O prezo do DVD son 34€ e pódese encargar dende a tenda do proxecto . Con isto axúdase a financiar proxectos deste tipo. No DVD atoparase:

  • O xogo completo co Blender Game Engine para executarse en Linux, Windows e OS X.
  • Un nivel completo do Crystal Space, con instalador para Linux, Windows e OS X.
  • Todos os ficheiros .blend; os modelos, texturas, clips de son, fontes do xogo … é dicir todo o material empregado para crear o xogo.
  • Documentación e vídeo titoriais creados polos membros do equipo sobre os aspectos técnicos do xogo.

Fonte: Proxecto Apricot

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal