O autor da aplicación WebSqusr, Frco. Javier T. A., acaba de publicar os primeiros paquetes da aplicación en formato .deb (paquetes autoinstalables para distribucións baseadas en Debian) para unha maior facilidade á hora de instalar, desinstalar e configurar. Ademais, tamén está traballando na paquetización en formato .rpm.
WebSqusr é unha interface web escrita en PHP para a autorización de uso de acceso Web á Internet orientado ao ensino primario/secundario, incluíndo a posibilidade de planificar os accesos semanalmente mediante un horario ou de xeito manual introducindo as horas e días desexados…
Máis información en:
https://forxa.mancomun.org
