Mañá martes día 6 de maio ás 17:20 horas terá lugar un relatorio de achegamento ao Software Libre e coñecemento libres dirixido ao alumnado de 3º da ESO e que dará o grupo de usuarios AGNIX no IES Eduardo Pondal de Compostela.
Ademais, na páxina de GPUL xa están preparando a segunda edición da Dudesconf, reunión oficial de desenvolvedores de Debian. Para iso contan cun blogue onde se pode seguir as actividades que se levarán a cabo…
Fonte das novas:
http://www.agnix.org
http://www.gpul.org
