Mancomún

DJL, a plataforma de xogos para GNU/Linux.

Luns, 25 Maio 2009

DJLOs amantes dos videoxogos xa teñen unha nova e interesante alternativa para GNU/Linux, o DJL(Dépôt jeux linux), unha plataforma de videoxogos, inspirada na famosa plataforma Steam de Valve.

Este aplicativo, que conta con licenza GPL, permite centralizar a nosa colección de xogos, e pode acceder a un amplo listado de xogos para GNU/Linux, xa que actualmente están dispoñíbeis 104 xogos. Ademais o DJL conta cun lector de novas sobre videoxogos para GNU/Linux cos principais sitios do sector. A súa interface gráfica, que esta dispoñíbel en 9 idiomas, entre os que se atopa o galego, ofrécenos actualizacións automáticas e unha sala de chat, onde os usuarios poden coñecerse e organizar as partidas. Ademais permite listar os xogos por categoría o que facilita a busca dun xogo determinado.
A característica mais salientábel, é a súa adaptabilidade, xa que o DJL permítenos engadir ao listado de xogos, outros xogos que teñamos instalados no noso sistema, xa sexan os que trae a nosa distribución, os descargados doutras páxinas web ou os que teñamos instalados con Wine.

Para descargar e instalar o DJL podemos facelo executando as seguintes ordes:

wget http://www.djl-linux.org/maj_djl/archives/djl-1.2.6.tar.gz

tar zxvf djl-1.2.6.tar.gz

cd djl

sh djl.sh

Fontes:

http://www.linuxjuegos.com/2009/05/17/djl-el-steam-de-juegos-para-linux/

http://casidiablo.net/djl-instalador-juegos-linux/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal