Onte, tivo lugar na sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, a Xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.
O evento estaba especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico interesado na temática.
Os relatores da xornada, persoas de recoñecido prestixio na comunidade galega de software libre, poñen a disposición de toda a comunidade a documentación empregada nos seus relatorios, cunha licenza libre Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España de Creative Commons.
Deste xeito, todos aqueles que por calquera circunstancia non puideran achegarse onte á xornada poden coñecer os contidos tratados na mesma.
- Software Libre – Estándares Abertos. Roberto Brenlla (3,9 MB)
- Administración de sistemas con Software Libre. Óscar Casal (455 KB)
- Desenvolvemento FLOSS. Francisco Diéguez (396 KB)
Fonte: CNTG
