Dende MuyComputer pregúntanse se Linux dominará a electrónica de consumo mundial. Segundo Jim Zemlin, presidente da fundación Linux, si. Zemlin destaca a importante tendencia no sector tecnolóxico para o crecemento e adopción do sistema aberto.
Tamén subliña que a maior flexibilidade, liberdade e a ausencia de custos polo pago de licenzas, será o que faga que Linux poida converterse na maior plataforma mundial da electrónica de consumo, pero dunha maneira destacada no eido da telefonía móbil e en sistemas embebidos.
A plataforma Linux aumentou considerabelmente a súa presenza e importancia na electrónica de consumo fornecendo a base de innumerábeis produtos como set-top-box, lectores de libros electrónicos, teléfonos móbiles e os pertencentes ao eido dos integrados/embebidos.
Zemlin advirte “a plataforma só avanzará coa axuda dos fabricantes” e “tardará un tempo ata que as compañías se decaten dos beneficios do código aberto pero asegúrolles que iso acontecerá”. De feito xa hai importantes empresas que son consciente disto como é o caso de Intel, que é o segundo contribuínte mundial ao kernel, ou Nokia que está empregando importantes recursos para mellorar tecnoloxías de código aberto.
Fonte: muycomputer.com
