Google lanzou a plataforma Android o pasado mes de novembro en colaboración cun total de 34 empresas unidas nunha alianza chamada Open Handset. Entre elas figuran Samsung, HTC, LG e Motorola, catro dos principais fabricantes de teléfonos móbiles do sector, e varias grandes operadoras como Telefónica. Basicamente, este software permitirá aos usuarios acceder á rede e aos servizos de Google -o seu buscador, Google Maps, ou o correo electrónico Gmail, entre outros-, desde calquera teléfono móbil con conexión a internet e sen necesidade de estar fronte ao computador.
Fonte: lne.es
