Despois de tres meses de votacións intensas, Packt Publishing anunciou que o gañador ao mellor CMS libre de 2007 é Drupal. Cun total de 18.000 votos e en consonancia coa opinión do panel de xuíces, Drupal substitúe a Joomla! como gañador absoluto polo cal recibe un cheque de 5.000$.
Joomla! e Drupal ocuparon o primeiro e segundo posto en 2006. Este ano Joomla! ocupou o segundo e gañou 3.000$ mentres que CMS Made Simple acadou o terceiro posto e gañou 2.000$.
Ademais do gañador global, había outras categorías como o mellor xestor de contidos libres en PHP, mellor xestor de contidos libres sen ser en PHP, CMS máis prometedor ou mellor proxecto de redes sociais…
Na categoría de mellor CMS en PHP, Joomla! gaña a Drupal. O resto dos gañadores son os seguintes:
- CMS máis prometedor:MODx
- CMS Software Libre en PHP: Joomla!
- CMS Software Libre sen ser PHP: mojoPortal
- CMS de redes sociais: WordPress
A cantidade de cartos repartida en premios foi de 20.000$.
