Mancomún

DSPAM, filtro para o correo lixo e outra alternativa ás solucións comerciais

Mércores, 18 Marzo 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/dspam-logo.gifDSPAM é un filtro antispam adaptativo e intelixente, é dicir, que é capaz de aprender o que é [[spam]] ou non con base no que os propios usuarios decidan. DSPAM é rápido e moi potente, e pode procesar cantidades inxentes de correo e contas de correo. Ademais, segundo os seus desenvolvedores, ten unha eficacia dun 99,95%, ou o que é o mesmo, ten un só erro de cada 2000 correos procesados. Como anécdota, indicar que o nivel máis alto de eficacia informado por un usuario foi de só 2 erros no procesamento de 22786 correos-e, o que deita unha eficacia do 99,987%.

O método de traballo de DSPAM é distinto ao doutros filtros antispam, como SpamAssassin, xa que non traballa contra unhas listas de “regras” para identificar o SPAM. O motor probabilístico de DSPAM examina o contido de cada mensaxe e aprende que tipo de contido identifica o propio usuario como spam (ou non spam).

DSPAM tamén posúe unha interface web desde a que poder administrar e configurar todo o aplicativo, ademais de poder ver estatísticas de uso do sistema, de usuarios, etc…

Cómpre indicar que DSPAM traballa, ademais, perfectamente cos MTA (mail transport agent) máis habituais como Sendmail, Postfix, Qmail, Courier ou Exim, e, mesmo para aqueles que usen solucións de correo como Exchange, DSPAM pode configurarse para que funcione como pasarela SMTP de correo da rede, de maneira que sexa DSPAM quen procese o correo lixo e despois o reenvíe ao Exchange para que o distribúa…

Máis información na páxina do proxecto:
http://dspam.nuclearelephant.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal