DVDStyler é unha plataforma libre, que fai posíbel que os entusiastas dos vídeos, creen os DVD con un aspecto profesional. As características máis importantes deste programa son: Crear e gravar vídeo en DVD, con menús interactivos, permite utilizar arquivos MPEG e VOB sen necesidade de recodificar. Posibilita poñer ficheiros con diferentes formatos de audio e vídeo nun mesmo DVD (soporte titleset).
O DVDStyler ofrece unha interface de usuario sinxela do estilo arrastrar e soltar, permite crear menús baseándose en gráficos escalábeis. Tamén se poden importar ficheiros como imaxe de fondo, poñer botóns, textos, imaxes e outros elementos gráficos en calquera sitio da pantalla do menú, ademais de poder tamén cambiar o tipo de letra, as cores e outros parámetros dos botóns e dos obxectos gráficos.
A segunda versión Beta de DVDStyler, a 1.7.3 , mellora o rendemento de transcodificación, debido ao apoio de procesadores multinúcleo. Nesta versión tamén hai algúns cambios na GUI. Engadiuse un diálogo de benvida e tamén a posibilidade de establecer un botón de xeito predeterminado. Por outra parte, os camiños relativos dos ficheiros de vídeo, gardaranse no ficheiro do proxecto, se están no mesmo cartafol ou nos subcartafoles.
Os formatos que soporta DVDStyler son: AVI, MPEG-2, MPEG-4, DivX, Xvid, MP2, MP3 e AC-3.
