Mancomún

Ebox platform 1.0

Martes, 14 Outubro 2008
ebox Ebox é un proxecto empresarial aragonés de licenza libre que está a ter unha importante repercusión internacional. eBox é unha plataforma para a xestión integral dunha rede corporativa que foi integrada en Ubuntu como paquete oficial e que conta cunha comunidade de máis de 700 colaboradores activos. Con máis de 10.000 descargas mensuais da plataforma, eBox foi instalado en miles de servidores de todo o mundo con configuracións tan variadas como porta de acceso a Internet, servidor de infraestrutura de rede, centro para a xestión unificada de ameazas, servidor de oficina ou centro de comunicacións.

O código de eBox foi publicado por primeira vez baixo licenza libre o 1 de decembro de 2005 na súa versión 0.7. A publicación da versión 1.0 supón a culminación de catro anos de desenvolvemento, alcanzando finalmente a funcionalidade exposta ao comezo do proxecto. Para a celebración deste fito organizouse un evento que se celebra hoxe, 14 de outubro no salón de actos do Instituto Tecnolóxico de Aragón no que Ignacio Correas Usón, director xerente de eBox Technologies S.L., desvelará a estratexia comercial a nivel internacional que se está despregando con este produto de código aberto…

Fonte:
http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/ebox-platform-10/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal