Mancomún

Ecuador aproba o uso do SwL na administración pública

Luns, 14 Abril 2008
O Presidente da República de Ecuador, Rafael Correa, establece, mediante decreto, que a política pública para as entidades da administración pública central sexa a utilización do Software Libre nos seus sistemas e equipamentos informáticos. Neste decreto establécese tamén que, previamente á instalación do SwL nos equipos, as entidades da administración deberán comprobar a existencia da capacidade técnica para brindar soporte no uso deste tipo de software.

Permiten o emprego do software privativo unicamente no caso de non existir unha solución libre que cumpra os requirimentos necesarios, no caso de risco para a seguridade nacional ou cando se trate dun proxecto nun punto de non retorno.

Ademais  precisan cal debe ser a orde de escolla dentro do software que cumpra os requirimentos en función da nacionalidade dos provedores. Básicamente darlle prioridade aos provedores nacionais para que permitan unha maior autonomía e soberanía tecnolóxica.

Fonte:  Presidencia da Rep. Ecuador

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal