Quen non precisou algunha vez un aplicativo que co que editar un vídeo? Pois unha boa solución é un editor de vídeo non lineal moi potente e moi sinxelo de empregar para sistemas GNU/Linux coñecido como OpenShot Video Editor, que se distribúe baixo licenza GPL .
OpenShot conta con numerosas prestacións como son a compatibilidade con múltiples pistas ao mesmo tempo, engadir moscas e marcas de auga, recortar, cambiar de tamaño ou partir os vídeos. Tamén permite a creación de títulos e de secuencias de imaxes. Todo isto integrado en Gnome, xa que ofrece a compatibilidade para arrastrar e soltar, o cal facilita moito o seu uso a calquera persoa usuaria.
O máis sobranceiro da última versión é que o autor creou unha serie de paquetes DEB instalábeis en diversas versións de Ubuntu , polo que xa non se precisa o compilado. Estes paquetes son para as versiońs 8.04, 8.10 e 9.04 tanto para as versión de 32 bits como as de 64.
Este aplicativo que vai actualmente pola versíón 0.9.22, e podémolo atopar nuns poucos idiomas polo momento. Oficialmente dispón do inglés, castelán, francés e holandés, pero en Launchpad pódense atopar máis idiomas.
Fonte: http://www.genbeta.com/linux/openshot-video-editor-edicion-no-lineal-de-video-en-linux
