Mancomún

Eeebuntu pásase a Debian Unstable

Martes, 20 Outubro 2009
EeebuntuEeebuntu é unha distribución dirixida principalmente aos Netbooks EeePC de ASUS e foi a gañadora da “Community Choice Awards 2009” como o mellor proxecto novo. Ata o de agora estaba baseada en Ubuntu, pero co paso á súa nova versión, a 4.0, acaba de anunciar que xa non será baseada en Ubuntu senón que será en Debian Unstable. Con isto buscan mellorar e ampliar o proxecto.

O equipo de desenvolvemento desta distribución analizou a versión 9.10 de Ubuntu, que era a que nun principio se ía empregar para basear a súa versión 4.0. Pero os resultados obtidos non foron os desexados, xa que os cambios nesta versión de Ubuntu non favorecen ao funcionamento xeral e ás aplicacións en Eeebuntu. Por este motivo decidiuse abandonar Ubuntu e facer a súa distribución baseándose en Debian Unstable.

Dende Eeebuntu informan que este cambio non o fan por estar en contra de Ubuntu, senón que é unha estratexia de desenvolvemento debido a que Ubuntu é cada vez máis dificil de personalizalo e que xa se basea en Debian Unstable.
Outra novidade destacada é que deixarán o ciclo de actualizacións de dúas por ano, para pasar a facelo cada tres meses.

As actualizacións de paquetes e do núcleo estarán dispoñíbeis unha vez se proben e publiquen, sen afectar ao sistema actual, mentres que as imaxes ISO que liberan cada tres meses axudaran a novas instalacións da distribución.

Fonte: espaciolinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal