A empresa galega eLaboro, con sede en Santiago de Compostela, implantará a súa plataforma ePatrol á policía local de Pontevedra co obxectivo de axilizar, simplificar e automatizar o traballo diario da policía local.
ePatrol é un sistema de xestión de tódolos procedementos administrativos relativos á Policía (local, autonómica ou nacional) nun só. Esta ferramenta permite levar a cabo todo o proceso das unidades administrativas da Policía relacionadas coa tesourería, secretaría, obras e servizos, empresas de recadación… en total coordinación con todas elas.O servizo ePatrol integra as últimas novidades nas tecnoloxías sen fíos como son GPRS, GPS e Wi-Fi, está baseado en Software Libre e permite empregar unha PDA como sistema de toma de datos e consulta…
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.codigocero.com
