Mancomún

Electron 9.0, melloras en GNU/Linux

Mércores, 3 Xuño 2020

Nova versión da plataforma Electron 9.0 (framework de aplicacións de escritorio multiplataforma que utiliza tecnoloxías web), chega con correccións de erros, melloras e novas características.

Novidades destacadas:
Actualizacións no código: Chromium 83, Node.js 12.14 e o motor JavaScript V8 8.3.
Mellora no procesamento de eventos relacionados con xanelas en GNU/Linux.
Habilitouse un visor de PDF.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal