Mancomún

Elekta escolle o servidor Linux Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico

Venres, 24 Xuño 2011

Logo de ZentyalHoxe en día os equipos médicos avanzados integran sistemas operativos completos e polo tanto están expostos a un número crecente de vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. Isto ocorre particularmente cando os equipos se conectan a redes de área local dos hospitais e pode resultar que virus, vermes e todo tipo de malware como troianos permitan accesos remotos non autorizados.

Elekta, empresa líder mundial en provisión de sistemas de radiación oncolóxica e neurocirurxía, buscaba unha solución de xestión unificada de ameazas (UTM) para integrar nun novo dispositivo de seguridade para empregar en hospitais para protexer os equipos de tratamento médico contra vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. O software que buscaban debía ser fiable e amplamente probado pero ademais ofrecer a máxima flexibilidade para adaptarse ás súas necesidades específicas e para resolver os futuros retos. Zentyal resultou cumprir con todos os requisitos ademais de ofrecer uns custes de mantemento reducidos. Así Elekta optou por Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico.
"En Zentyal atopamos unha solución que reúne todos os elementos necesarios nun só paquete integrado. É máis, o apoio e colaboración que sempre nos prestaron para convertelo nun produto único e a medida foron excelentes" dixo James Troke, Director de Proxectos en Elekta. "Ademais, a involucración de Zentyal foi esencial para a entrega deste importante compoñente da nosa suite de produtos de radioterapia".

Como unha solución UTM exhaustivamente probada, Zentyal engade ao dispositivo de Elekta un avanzado firewall, software antivirus e un sistema de detección de intrusos. Zentyal tamén actúa como un servidor de almacenamento compartido entre os dispositivos médicos utilizados para facer o diagnóstico e o PC do médico, permitindo a autenticación de usuarios, listas avanzadas de control de acceso a os ficheiros e escaneo antivirus dos arquivos.

Para maior seguridade, Zentyal tamén rexistra cada acceso, modificación ou eliminación de ficheiros no servidor e informa inmediatamente aos administradores de rede de todos os eventos con risco, tales como arquivos infectados por virus ou intentos de acceso non autorizado. A pesar de que o software

médico execútase normalmente en sistemas operativos non baseados en Linux, foi posible integrar a solución completa nun só dispositivo mediante o uso de tecnoloxías de virtualización que permiten que o sistema Microsoft Windows se execute sobre Zentyal.

Sobre Elekta

Elekta é unha compañía dedicada ao coidado humano, pioneira en innovacións e solucións clínicas para o tratamento do cancro e os trastornos cerebrais. A compañía desenvolve ferramentas e sistemas avanzados de planificación de tratamentos de radioterapia e radiocirurxía, e sistemas de software que melloran o fluxo de traballo en todas as áreas de tratamento do cancro. Elekta ten como obxectivo mellorar, prolongar e salvar vidas de pacientes a través dos seus produtos e servizos. As solucións de oncoloxía e neurocirurxía de Elekta utilízanse en máis de 5.000 hospitais en todo o mundo, e cada día máis de 100.000 pacientes reciben diagnóstico, tratamento ou seguimento coa axuda de solucións de Elekta Group. Elekta, con sede central en Estocolmo, Suecia, emprega aproximadamente a 2.500 persoas en todo o mundo.

Sobre Zentyal

Zentyal, compañía desenvolvedora do Linux do mesmo nome, ten por obxecto prover a pequenas e medianas empresas e organizacións unha rede informática profesional, fiable e segura, mais ao tempo doada de usar e alcanzable. Con este fin a compañía desenvolve o servidor Zentyal e presta servizos e soporte, así como solucións completas baseadas no servidor Zentyal, ben a través dos seus Partners

Autorizados o ben directamente aos clientes finais.

O desenvolvemento do servidor Linux Zentyal comezou a principios de 2004 e agora é a alternativa de código aberto a Windows Small Business Server. Na actualidade o servidor Zentyal ten ao redor de 1.000 descargas diarias e o proxecto conta cunha comunidade activa de máis de 5.000 membros. Así mesmo, estímase que hai acerca de 50.000 instalacións activas de servidores Zentyal en todo o mundo.

Zentyal en Galicia

Destacar que en Galicia temos ao único Partner Silver de Zentyal, a compañía Aitire que dispón dun equipo de técnicos especializados capaz de ofrecer servizos de desenvolvemento e asistencia sobre Zentyal, así como a súa solución integral hardware e software baseada en Zentyal, Aibox, capaz de responder a todas as necesidades informáticas dunha peme.

Ademais hai outras empresas pertencentes a AGASOL que tamén ofrecen os seus servizos en torno a Zentyal.

Fonte: Zentyal

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal