Mancomún

Elementary OS xa ven preinstalado nalgunhas computadoras

Venres, 26 Xuño 2020

Os desenvolvedores de elementary OS (alternativa rápida, libre e respectuosa coa privacidade) anunciaron que prepararon compilacións OEM da distribución para ofrecela a fabricantes que desexen preinstalar o sistema operativo nos seus dispositivos.

Os primeiros acordos lográronos coa xente de Laptop With Linux e Star Labs (vendedores de computadoras portátiles con varias distribucións GNU/Linux a elexir nos seus produtos).

Star Lab ofrece portátiles con pantallas de 11 a 13.3 polgadas, cos sistema operativos: Ubuntu, Linux Mint, Zorin OS, Manjaro e elementary OS.

Laptops With Linux ofrece portátiles con pantallas de 14 a 17.3 polgadas, cos sistemas operativos: Ubuntu, Fedora, Manjaro, Debian, Linux Mint, Kubuntu, Xubuntu, Ubuntu MATE, Zorin OS, Kali Linux e elementary OS.

Máis información no blogue de elementary.io

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal