Mancomún

Elisa renóvase e convértese en Moovida

Luns, 8 Xuño 2009

MoovidaElisa, o centro multimedia do cal xa deu conta Mancomún en repetidas ocasións, afronta unha nova etapa despois de ser remodelado e renomeado como Moovida.

Moovida seguirá sendo un centro multimedia de código aberto multiplataforma -operábel en Windows e Linux-, pero agora conta cunha interface renovada, que se afasta do estilo de Apple Front Row que tiña na súa versión orixinal, adoptando unha estética máis profesional e pulcra.

Outras características novidosas son a implementación dun plugin para Yes.fm que autocompleta a bliblioteca de medios e ata ofrece a posibilidade de despregar fan art  (galerías de imaxes en liña) para os distintos ficheiros.
En definitiva, Moovida seguirá sendo un opción idónea para administrar as nosas cancións, películas e fotos locais, ademais dun bo navegador para este tipo de contidos en liña.

Fonte: Bitelia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal