Mancomún

Elixida a xunta directiva do GPUL

Mércores, 9 Decembro 2009

GPULFai uns días informábamos dende Mancomun.org que o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) convocaba eleccións para establecer unha nova xunta directiva.

Este proceso comezou o 5 de novembro deste ano coa convocatoria das eleccións, admitindo candidaturas ata o 19 de novembro. A campaña tivo lugar dende o 20 de novembro ata o 3 de decembro, que foi o día no que se coñeceu definitivamente a xunta directiva de GPUL. Finalmente a xunta directiva anterior revalidou a súa posición xa que os socios do GPUL volveron a depositar a súa confianza e continuaran no seu posto outra lexislatura máis.
A xunta directiva do GPUL, segundo publicaron na súa páxina web, queda composta por:

  • Presidente: Francisco J. Tsao Santín <presidente (arroba) gpul (punto) org>
  • Vicepresidente: Diego Fernández Perdomo <vicepresidente (arroba) gpul (punto) org>
  • Secretario: José Manuel Santamaría Lema <secretario (arroba) gpul (punto) org>
  • Tesoureiro: José Millán Soto <tesorero (arroba) gpul (punto) org>
  • Vogais:
    • Alejo Pacín Jul
    • Alba Carro Pérez
    • Serafín Villar Gómez
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal