Durante esta semana estivemos a ver casos de consolas de videoxogos que incluían internamente para o seu funcionamento un sistema baseado en GNU/Linux.
Vexamos hoxe o caso contrario: emular unha consola nun sistema GNU/Linux.
Para moitos usuarios, o campo da emulación resulta ser un dos máis interesantes que ofrece a informática: a posibilidade de volver a xogar a vellos videoxogos, de plataformas xa desaparecidas ou obsoletas, cos que gozamos tempo atrás resulta fascinante para moita xente.
Para os sistemas GNU/Linux existen multitude de emuladores de distintas plataformas. Vexamos unha lista das consolas máis coñecidas das que existen emuladores dispoñíbeis en GNU/Linux:
Videoconsolas do fabricante Nintendo
A empresa nipona Nintendo é unha das máis veteranas de cantas se dedican ao entretemento, pois leva dende o ano 1975 comercializando consolas e videoxogos que serviron para a diversión de varias xeracións(e fabricando xogos de naipes dende o século XIX!). Existen emuladores dispoñíbeis para as seguintes das súas consolas:
- DEsMuMe: emulador de Nintendo DS.
- FCEUX: emulador da NES, tanto para o sistema PAL como para NTSC.
- KiGB: emulador das coñecidas consolas portátiles Game Boy, Game Boy Color e Super Game Boy.
- Mupen64Plus: emulador da consola Nintendo 64.
- Nestopia: Emulador da NES.
- TuxBoy: ‘Fork’ do emulador GNUBoy da Game Boy y Game Boy Color.
- VisualBoyAdvance: emulador da Game Boy Advance con soporte de ROMs para GBA, GBC, y SGB.
- ZSNES: emulador da Super Nintendo Entertainment System.
- Dolphin-emu: Emulador das consolas GameCube, Wii e Triforce.
Videoconsolas da marca SEGA
Existen emuladores para as seguintes consolas da empresa SEGA Corporation:
- DGen/SDL: emulador da consola Sega Genesis.
- Gens: emulador de Sega Megadrive, MegaCD e 32X (lamentabelmente, a ligazón non funciona).
- lxdream: emulador da SEGA Dreamcast.
- Meka: emulador de múltiples máquinas que naceu como emulador da Sega Master System.
- Yabause: emulador da Sega Saturn.
Consolas do fabricante Sony
Sony é a empresa que produce e comercializa as coñecidas videoconsolas PlayStation. Existen emuladores destas consolas dispoñíbeis para sistemas GNU/Linux:
- ePSXe: emulador da PlayStation 1.
- PCSX: emulador avanzado da PlayStation 1.
- PCSX2: emulador da consola PlayStation 2.
- pSX: emulador da PlayStation 1.
- jPCSP: Emulador feito en Java da PlayStation Portable, aínda en desenvolvemento, en fase beta. Existen outros proxectos de emulación da PSP, paro semella que este é o que se atopa nun estado de desenvolvemento máis avanzado
Outras máquinas de videoxogos e recreativas
- XMAME: versión para UNIX / Linux do coñecido software de emulación MAME (Multiple Arcade Machine Emulator). Seguramente sexa un dos emuladores máis coñecidos do mundo. Permite xogar a xogos creados incluso na década dos setenta do século pasado. Actualmente calcúlase que o número de videoxogos aos que se pode xogar empregando MAME/XMAME é superior aos 2000 títulos.
- GnGeo: emulador da Neo-Geo, unha videoconsola sorprendente no seu momento pola súa tremenda potencia.
A lista de emuladores dispoñíbeis resulta virtualmente inabarcábel. Nesta breve nota centrámonos en aqueles emuladores das consolas de videoxogos máis coñecidas, pero hai que ter en conta que o eido da emulación non remata aí. Existen emuladores de plataformas creadas dende os anos setenta (incluíndo as clásicas consolas Atari 2600, Atari 5200, Lynx…), de computadores que nos acompañaron nos anos oitenta do século pasado (ZX Spectrum de Sinclair, Amstrad CPC, MSX, Commodore 64, Amiga, Apple I, Apple ][, …), de diferentes arquitecturas de computadores (emuladores de x86, como Bochs)… Existen mesmo emuladores de calculadoras de man…
A seguinte lista de ligazóns axudará a aqueles que estean interesados en profundar no mundo da emulación, ou a quen queira informarse máis aló do que se comentou nesta nota:
- http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_computer_system_emulators (na Wikipedia de fala inglesa)
- http://es.wikipedia.org/wiki/Emulador (na Wikipedia en español)
- http://www.juegoslibres.net/linux/emuladores-disponibles-en-linux.html
- http://www.muylinux.com/2008/11/04/21-emuladores-de-videoconsolas-para-linux/ O artigo que serviu de base para esta nota.
