Mancomún

Encontro de software libre en 5 áreas

Luns, 2 Novembro 2009
Cartel da xornadaA asociación de empresarios discapacitados organiza o Encontro de software libre en 5 áreas que terá lugar dende hoxe, luns 2 de novembro, ata o vindeiro venres 6 de novembro, no Hotel Attica 21 sito en Matogrande, A Coruña.

As distintas áreas nas que se exporán diversos aspectos do software libre son:

  • Comunidade – luns 2 de novembro
  • Educación – martes 3 de novembro
  • Empresa – mércores 4 de novembro
  • Estado – xoves 5 de novembro
  • Arte – venres 6 de novembro

Máis polo miúdo o programa é o seguinte:

A COMUNIDADE DO SOFTWARE LIBRE

  • Ponencia: “Software libre dende o punto de vista dos expertos”. Apertura dun debate sobre diversos temas que se relacionan co software libre e á súa vez apertura dun foro de formación e discusión en temas técnicos e especializados de grande actualidade e relevancia.
  • Obradoiro: “Primeiros pasos para o manexo do software libre”. Nocións
    básicas e sinxelas para iniciarse na utilización deste tipo de ferramentas e programas de software libre.

EDUCANDO EN SOFTWARE LIBRE

  • Ponencia: “Introducción de software libre nas escolas. Educación 2.0
    Potenciar o coñecemento a través de ferramentas libres. Os exemplos que se coñecerán aportarán ideas para plantexar unha mellor interacción con persoas en itinerarios formativos, xerar contornos colaborativos e favorecer o coñecemento colectivo.
  • Mesa redonda: “Opcións libres para a formación on-line” Experiencias reais sobre como potenciar o coñecemento a través de actividades de formación en liña. Exemplos prácticos sobre o uso da formación interactiva para fomentar os contornos colaborativos e a xeración de coñecemento.
  • Obradoiro: “Mestres aprendendo do Software Libre” Involucración de
    mestres e docentes na ensinanza aos alumnos por medio de software libre.

SOLUCIÓNS DE SOFTWARE LIBRE PARA EMPRESAS

  • Ponencia: “7 bos consellos para triunfar no cambio ao software libre” Sesión para favorecer o acercamento de empresas ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. Coñecer por onde comezar e cales son as claves que hai que ter presentes para aproveitar ao máximo os beneficios que ofrecen as novas tecnoloxías na mellora competitiva da empresa.
  • Mesa redonda: “Servicios técnicos para o mantemento do de programas en software libre” Solucións técnicas aos problemas que poidan xurdir no traballo diario. Coñecemento do servizo técnico existente para resolución de incidencias.
  • Obradoiro: “Mostras de programas e plataformas de software libre
    Equipos con programas de software libre que dan resposta ás diferentes necesidades para a correcta xestión e administración empresarial.

A EXPERIENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS CO SOFTWARE LIBRE

  • Ponencia: “Adaptación das Administracións ao software Libre” Visualización do proceso de adaptación neste tipo de organismos nos que o manexo das novas tecnoloxías é importantísimo para o correcto desenvolvemento de todos os trámites coas Universidades e Administracións Públicas.
  • Mesa redonda: “Experiencias da aplicación de ferramentas libres” Trátase de compartir nesta xornada a experiencia na implantación e utilización de programas implementados en Software Libre, deste xeito os asistentes poden aprender de dito proceso.
  • Obradoiro: "Oficinas virtuais de atención ao cidadán en software libre” Equipos con programas de software libre e diferentes ferramentas que mostran aos cidadáns os trámites que se poden levar a cabo en liña a través de oficinas virtuais da Administración Pública.

SOFTWARE LIBRE ARTÍSTICO

  • Ponencia: “Por que a algúns artistas lles interesa o software libre?” Nesta xornada diferente preténdese rematar os Encontros cunha visión alternativa das aplicacións do software libre.
  • Obradoiro: “Experimentación sonora, arte sonoro, radio arte, música
    concreta…
    ” Os equipos terán instaladas ferramentas libres que fomenten a creatividade dos asistentes, neste caso na disciplina musical, deste xeito, os propios participantes poden experimentar como facer arte mediante a aplicación do software libre.

Esta actividade conta co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal