Os usuarios domésticos son de gran importancia para a popularidade do software libre e apenas hai información neste aspecto. Coñecen de verdade o que significa "Software libre" e "Software privativo"? Usan o software libre unicamente porque é gratis ou tamén coñecen a filosofía que hai detrás? Porqué o usan, ou porqué deixan de facelo? Con este informe pretende botarse luz sobre esta dimensión e axudar a entender como está de integrado o coñecemento do software libre na sociedade, á vez que apuntar ás claves para mellorar a súa difusión e servir como referencia para lograr que as administracións se decanten por este tipo de solucións.
Agora mesmo acaba de abrirse a Enquisa de valoración do software libre na sociedade – 2012 polo que todas as persoas interesadas en participar na mesma e dar o seu punto de vista xunto a miles de usuarios de 17 países de fala hispana non teñen máis que acceder á mesma e contestar a 16 sinxelas preguntas.
Os aspectos chave deste informe son:
- Coñecemento: Os usuarios saben cando están a usar software libre? Coñecen a súa filosofía?
- Uso: Por que utilizan software libre, por que non o usan e como cambiar esa tendencia
- Confianza: Os usuarios pensan que é de calidade e seguro? Comparamos a confianza entre software libre e privativo.
- Expertos: Persoas recoñecidas do sector falan sobre temas de actualidade do software libre
Os principais obxectivos que se perseguen son:
- Optimizar esforzos: Coñecer os puntos fortes e débiles deste tipo de software segundo os usuarios axudan moito a que as iniciativas que se crean diariamente para fomentar o software enfoquen o seu traballo en solucionar as necesidades reais dos usuarios.
- Aumento do uso de software libre: Resolvendo os problemas que os usuarios recoñecen ter mellórase a imaxe do software libre e o seu uso. Ano tras ano, a porcentaxe de uso aumenta, e isto pódese dinamizar se se traballa en resolver algunhas trabas.
- Promoción do software libre: Este informe pon o software libre na fala da xente a través dos medios de comunicación. É unha forma de conseguir dinamizar este tipo de aplicacións, que se fale máis delas e que máis usuarios as coñezan e utilicen. Os medios de comunicación xogan un papel moi importante en canto permiten que o software libre chegue a un sector da poboación que quizá non está familiarizado con el e que non frecuenta foros onde se fala do mesmo.
- Coñecer o estado actual: A información sempre é importante, e avaliar como os usuarios están a percibir o traballo realizado até agora pola comunidade do software libre é importante para facer autocrítica e coñecer aqueles puntos do coñecemento, uso e confianza nos que se pode mellorar.
Dende PortalProgramas están accesibles os informes de valoración elaborados nas anteriores edicións do estudo.
