Mancomún

Ensinando programación dende a infancia

Luns, 22 Decembro 2008
Nos dous últimos anos vén producíndose unha explosión de servizos públicos e linguaxes de programación de código aberto orientados cara aos nenos. Moitos destes esforzos baséanse na idea de que, dende os días de BASIC, contornos de programación fixéronse demasiado complexos para mentes aínda en desenvolvemento. Algúns destes produtos buscan concibir e crear proxectos que atraian as mentes máis xoves, como xogos e animacións, mentres que outros teñen por obxecto recrear a sinxeleza (“basic” -ness) de BASIC nunha linguaxe moderna.

Algunhas destas ferramentas son as seguintes:

  • Alice ensina fundamentos de programación a xeito de películas e xogos en 3-D. Alice está desenvolvido en Java e usa interface de “arrastrar e soltar” (drag and drop). Está feito por un equipo da universidade de Carnegie Mellon University, ten versións para GNU/Linux, Mac O$ X e Window$ baixo a licenza Alice License. A contorna é de código aberto, podes examinar o código pero os seus creadores prefiren facer sós o seu desenvolvemento polo que rexeitan as contribucións foráneas.

  • Baseado na linguaxe de programación Ruby, Shoes é un conxunto de ferramentas de código aberto baixo licenza MIT e acepta contribucións pero xa está máis na liña da programación tradicional con sintaxe semellante á de Ruby. O único que require a máís é un editor de texto. Na súa web atoparás unha guía en PDF con titorial e exemplos alén do manual en liña da contorna. Shoes ten unha sección para siareiros que amosa aplicacións creadas con esta ferramenta.

  • Kturtle, unha aplicación que forma parte do paquete de aplicacións de kdeedu. Con el, prográmase unha tartaruga para que pinte nun panel segundo o programa en linguaxe logo que lle pasemos. Con isto, os/as nenos/as poden aprender, non só a programar, senón tamén matemáticas e xeometría.

  • xlogo. Parecido ao anterior, está en Java, o que o fai multiplataforma. Hai que salientar que Logo debe ser das poucas linguaxes de programación que se traducen a diferentes línguas. Isto o fai moi adecuado para a aprendizaxe dos/as rapaces/as. Entre outros, pode ser traducido ao galego.

Outra alternativa de código aberto é Scratch pero só ten versión para sistemas privativos a pesares de ser de código aberto, e a súa execución baixo Wine non acada resultados satisfactorios. Existen outras moitas linguaxes/contornas de programación pensadas para a infancia tales como Greenfoot ou Phogram, pero son privativas.

Fonte: AGNIX

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal