Mancomún

Enxeñería Sen Fronteiras ofrece un servizo de videoconferencia libre e gratuíto con Jitsi

Martes, 2 Xuño 2020

Desde Enxeñería Sen Fronteiras puxeron a disposición da sociedade un servizo de videoconferencia (seguro, baseado en software libre e gratuíto) para o uso de colectivos sociais, asociacións, ou particulares que necesiten comunicarse a distancia ou por motivos do actual confinamento.

O acceso á ferramenta realízase a través de este enlace desde calquera navegador. En dispositivos móbiles, é posible ademais acceder desde a app oficial de Jitsi.

A xente de ISF fixo unha aposta por tecnoloxías e comunicacións libres, así como pola descentralización de servizos, continuando a súa aposta pola soberanía tecnolóxica. O uso da ferramenta é gratuíto pero se queredes contribuír ao mantemento da mesma podedes facervos simpatizantes da federación de asociacións.

Máis información na nova de ESF

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal